Título: Vinte mil leguas baixo dos mares (Tapa blanda)
O profesor de Historia Natural Pierre Aronnax, o seu axudante Conseil e o experto arpoador canadense Ned Land embarcan nunha viaxe fantástica, a bordo da fragata Abraham Lincoln, na procura dun misterioso monstro mariño. Este resulta ser un submarino, o Nautilus, que chega a visitar a ría de Vigo ao mando do capitán Nemo: un sabio desenganado da raza humana que se move guiado por un deses motivos tan característicos da novela de aventuras: a busca da xustiza implacable, non exenta de vinganza. Di Ledicia Costas no prólogo da presente edición: «'Vinte mil leguas baixo dos mares' é unha epopea mariña. Unha viaxe ás entrañas do océano onde Verne, como o gran divulgador científico que era, fai o que mellor sabe: escribir unha novela de aventuras onde mestura a ciencia, o progreso e a fantasía». Unha obra mestra que segue a fascinar cento cincuenta anos despois da súa primeira aparición.
ISBN13: 9788491215875
ISBN10: 8491215875
Fecha de publicación: 10-10-2019
Número de páginas: 448
| Tienda | Precio | Enlace |
|---|---|---|
| El Corte Inglés | 25,60€ | Comprar |
