Título: LUGO BLUES
Cando en 1987 apareceu a primeira edición de Lugo Blues axiña se converteu nun libro de culto, e os seus versos &que percorren a memoria persoal do autor mais tamén interpelan a nosa memoria colectiva& ían pasando de man en man descifrando o espírito desta cidade amurallada. Agora, tantos anos despois, era tempo de regresar a esta gran creación de Claudio Rodríguez Fer, que aquí revisa e amplía con numerosos poemas, e que incorpora o suxestivo traballo artístico de Sara Lamas. É un Lugo fondamente emocional e vital, un Lugo sentido como refuxio, mais tamén un Lugo dende o que trazar a medida do mundo. E, por riba de todo, achéganos a memoria histórica dunha cidade onde comparecen Pimentel, Lorca, Fole, Ángel Johán, Juana Capdevielle, Urania Mella, o doutor Vega Barrera ou Díaz Baliño, entre moitos outros daquela tribo dos vencidos, mais nunca derrotados.
ISBN13: 9788418567544
| Tienda | Precio | Enlace |
|---|---|---|
| El Corte Inglés | 15,20€ | Comprar |
