Título: Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos (Tapa dura)
Neste Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos, X. L. Méndez Ferrín explora, con ánimo indagatorio e divulgativo, sen unha estrita pretensión académica, os antropónimos do noso País, que son os auténticos protagonistas deste libro. A obra organízase en tres partes: no 'Consultorio' abórdanse asuntos xerais e particulares referidos aos nomes persoais e aos apelidos galegos; en 'Un ferrado de apelidos' analízanse por orde alfabética os 153 apelidos máis frecuentes; e en 'Flor de raros' trátanse vinte apelidos seleccionados entre os excepcionais. Completan a obra un breve glosario e un completo índice onomástico. O Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos é un volume de indispensable consulta para todas aquelas persoas que sintan curiosidade e afán de coñecemento pola vida e a historia dos devanceiros.
ISBN13: 9788497826426
ISBN10: 8497826426
Fecha de publicación: 19-10-2007
Número de páginas: 504
| Tienda | Precio | Enlace |
|---|---|---|
| El Corte Inglés | 32,77€ | Comprar |
