Buscar

Cartas persas (Tapa blanda)

Cartas persas (Tapa blanda)

Título: Cartas persas (Tapa blanda)

A publicación das Cartas persas, en 1721, en Amsterdam, de forma anónima, confírelle ao autor unha celebridade instantánea que lle abre as portas dos principais salóns literarios da capital e, posteriormente, a súa admisión na Académie Française. As Cartas persas son a obra dun moralista, unha novela epistolar en que a mirada exótica de dous persas que viaxan por Francia, Usbek e Rica, lle serve de pretexto ao autor para describir, criticar e opinar sobre a sociedade do seu tempo e nelas atopamos unha divertida sátira dos costumes da época. A súa orixinalidade radica, en gran parte, en que ao longo da obra aparece unha novela, cunha intriga que ten un desenlace sorprendente e que mantén esperta a atención do lector. Neste libro reflíctense os principais trazos do pensamento de Montesquieu: tolerancia relixiosa, crítica dos réximes opresores, aspiración á liberdade e á felicidade e amor pola verdade e a razón.

ISBN13: 9788484872139

ISBN10: 8484872130

Fecha de publicación: 01-10-2011

Número de páginas: 265

Tienda Precio Enlace
El Corte Inglés 18,05€ Comprar