Título: Antídoto (Tapa blanda)
INCLÚE A 'LISTA DA COMPRA DA VIÚVA', PREMIO INTERNACIONAL JOVELLANOS AO 'MELLOR POEMA DO MUNDO' (2017) Os novos e premiados versos de Emma Pedreira. Unha edición bilingüe galego-castelán, ilustrada, na que a poeta reflexiona sobre as soidades non escollidas. A obra inclúe a Lista da compra da viúva, poema que recibiu en 2017 o Premio Internacional Jovellanos como El mejor poema del mundo. O libro resultou gañador en 2017 do Premio de Poesía do Concello de Vilalba. Emma Pedreira é unha das máis inspiradas, singulares e premiadas voces da actual poesía galega. Encadrada na coñecida como Xeración dos 90, estreouse cos versos do Diario bautismal dunha anarquista morta (1999). Dúas décadas despois recibe o Premio da Crítica (2017) e o Premio Xerais de Novela (2018). En todo este tempo foi tecendo ata unha ducia de libros de poemas (sempre premiados) onde destila a súa visión fonda, crítica, inspirada e feminista da vida. Antídoto recibiu en 2017 o premio de Poesía do Certame Literario do Concello de Vilalba na súa renovada edición nº XLIII. Sae publicado agora en versión bilingüe galego-castelán e ilustrado por Xulia Nieto. A poeta reflexiona nestes versos sobre as soidades non escollidas. Escrito dende a dor, busca a luz na palabra, nun verso que camiña libre, pleno de potencia expresiva. Entre os poemas que integran esta obra figura a Lista da compra da viúva, composición que recibiu en 2017 o Premio Internacional de Poesía Jovellanos como El mejor poema del mundo.
ISBN13: 9788416460410
ISBN10: 8416460418
Fecha de publicación: 29-06-2018
Número de páginas: 142
| Tienda | Precio | Enlace |
|---|---|---|
| El Corte Inglés | 13,30€ | Comprar |
