Buscar

A man dos paíños (Tapa blanda con solapa...

A man dos paíños (Tapa blanda con solapas)

Título: A man dos paíños (Tapa blanda con solapas)

Unha maneira perturbadora de definir Galicia sería falar dun país productor de emigrantes e náufragos. Eles son os protagonistas de A man dos paíños, os heroes correntes dunha identidade solapada, ocultada a cotío por mor dos virus que borran a memoria. Emigración e naufraxio son experiencias que nos levan a un espacio fronteirizo, de loita pola supervivencia e tamén de renacer. Esa xeografía emocional, entre o apego e a perda, é onde mellor se recoñece hoxe a condición humana. E este é tamén o territorio límite onde se sitúa A man dos pahíños. Esta obra supón unha aposta singular na narrativa contemporánea. Enfía un longo relato de ficción ('A man dos paíños'), un relato fotográfico ('O álbum furtivo'), e un relato xornalístico ('Os náufragos'). Tres xeitos de mirada, tres maneiras de contar, que nos achegan a un mundo onde o máxico é a publicidade comercial, a vida soa como un golpe no billar, e o berce e o ataúde son arrolados pola tempestade.

ISBN13: 9788483025918

ISBN10: 8483025914

Número de páginas: 143

Tienda Precio Enlace
El Corte Inglés 19,47€ Comprar