Título: A LECTORA DE MENTES (Tapa blanda)
Olivia tiña catro años cando leu por vez primeira a mente da súa nai. Estaba mirando para ela e decatouse de que non movía os beizos; no entanto, si escoitaba con claridade a voz da nai dentro da cabeza. Non lle estrañou; cando se teñen catro anos non hai moitas cousas que che estrañen. A partir dese momento, o poder de Olivia foi medrando aos poucos. Daquela, a cativa descubriu algo: a mente de cada persoa ten un «olor», ou un «sabor», ou un «son», ou un «tacto» distintos. Con todo, nunca topou nada tan horrible e nauseabundo como cando, algúns anos despois, captou a mente do monstro.
ISBN13: 9788483497173
ISBN10: 8483497174
Fecha de publicación: 13-09-2021
Número de páginas: 168
| Tienda | Precio | Enlace |
|---|---|---|
| El Corte Inglés | 11,30€ | Comprar |
